Detrás del rostro que nos mira de Héctor Bianciotti

Os lectores de Ritual e Los desiertos dorados atoparán  nesta novela – a segunda na producción literaria de Héctor Bianciotti, escrita en 1967 e publicada en 1969 en “Les lettres Nouvelles”- a mesma atención aos movementos secretos dos seres humanos, o mesmo gusto polos decorados e, en particular, polo que hai detrás deles, ese xogo de miradas furtivas que se desdobran.

A aparente paz dos días ociosos de Livia, novelista no outono da súa vida, e a súa filla Silvia queda rota pola entrada de Daniel, fillo predilecto de Livia, personaxe inconstante e fantasioso sobre quen cae a sombra dolorosa – ou a culpa – do suicidio do seu amigo íntimo. No mundo artificial e falso no que se moven as dúas mulleres, a brutal realidade da homosexualidade de Daniel, que lles custa asumir, marca unha cadea de situacións e reflexións nas que o seu propio mundo se reflexa e se cuestiona.

A medida que avanza ao encontro  dese final que espera, pero que non acaba de chegar, Livia vai recobrando o interese por escribir, e o lector descobre lentamente que esta novela non rematada, que aínda está lendo, se mistura e se confunda coa derradeira novela que Livia está a rematar e que lle entrega ao seu editor para a súa lectura.

Héctor Bianciotti naceu en Córdoba- Arxentina – no ano 1930. Asentouse en Europa en 1955 e vive en París dende 1961, onde traballou como crítico literario e como lector na editorial Gallimard. É membro da Academia Francesa dende 1996.

Deixar uma Resposta