
Concha Blanco (Lires, Cee, 1950) completa con esta obra o número 30 da súa produción literaria. Esta premiada escritora dedica a maior parte da súa produción á literatura infantil e xuvenil e destaca tamén pola incursión escrita en varios xéneros literarios.

Nano (Everest Galicia 2007) como especifica na cuberta da obra: é un mozo que ben se pode identificar co inverno, pola súa cor gris. Nano procura recoñecerse e aceptarse tal como é, cos seus defectos, e virtudes. Inténtao primeiro da man de mali e logo da de Román. Cústalle abrir a porta da gaiola na que el mesmo se pecha cada día e comezar a voar, proxectándose libremente ao exterior ante os ollos da súa xente. cando cre que o vai conseguir, unha desgraciada circunstancia, coa que ninguén contaba, convértese nun atranco difícil de salvar. Pero do danosufreido tamén se aprende e Nano non se permite tocar fondo e rexorde, agora coma os gromos na primavera.
Unha historia de intriga e de loita polo recoñecemento da propia identidade sexual ambientada nas rúas da Coruña e con visitas á Costa da Morte natal da escritora.
Trátase dunha das poucas obras galegas dedicadas ao público xuvenil que fala explicitamente da orientación sexual, é polo tanto unha obra de obrigada presenza nas bibliotecas e de contido educativo para o traballo nas aulas.
Arquivado em: Literatura, Literatura infantil e Xuvenil

