O 30 de Xuño está organizado un encontro para bibliotecarias e bibliotecarios das Bibliotecas Municipais da Coruña. O encontro pretende avaliar a presenza de documentos LGBT nas bibliotecas e ofrecer recursos para o traballo con esta temática.
Organizado polas propias bibliotecas será dirixido polo Grupo 7 Cores que se encargará de presentar o tema ante os profesionais.
Os realizadores deste blog participaremos tamén presentando o traballo realizado até este momento.
Temario:
1. Nocións LGBT básicas
- A qué chamamos LGBT? A qué nos referimos cando mencionamos esas siglas?
- Qué é LGBT? Qué parte do colectivo se coñece máis?
- Qué é o xénero? e a sexualidade?
- Qué imaxe temos na nosa cabeza? Cal consideramos máis real?
- A visibilidade como exercicio de poder
2. Literatura LGBT
- Qué se considera literatura LGBT?
- Á necesaria unha literatura temática? Por qué?
- Existe un coñecimento regular desta?
- Cal é a imaxe que se ten deste tipo de literatura?
3. Ensaio LGBT
- Qué se sabe do ensaio LGBT? Como se entende desde fora?
- Até onde ten influenza o ensaio como xénero divulgativo?
4. Organización e espazo
- Como organizar os documentos na biblioteca e por qué?
- Qué posibilidades implica unha e outra forma?
- A que criterios atenderemos para facer a catalogación?
5. Visibilidade LGBT na Biblioteca
- Como se percebe a visibilidade LGTB na biblioteca?
- É necesaria esta visibilidade?
- En que medida circulan documentos de temática LGBT entre os usuarios?
Arquivado em: Actividades, Galiza, Recursos


[...] Grupo 7 Cores que se encargará de presentar el tema ante los profesionales.Más info: http://biblioqueer.wordpress.com/2009/06/29/a-biblioteca-lgbt/ *** O 30 de Xuño está organizado un encontro para bibliotecarias e [...]
Muchas gracias por todo hoy. Ha sido un placer conocerte y participar contigo en algo, espero que sea el principio de una serie de colaboraciones que vayan cada vez a más campos y más amplios.
Un beso!
nelson