Listado de películas LGTB


É sempre difícil facer unha selección para mostrar calquer tipo de material sobre a temática que nos ocupa. Da mesma maneira que acontecía coa selección feita para a música, indicada noutro post, é complicado establecer o que é e o que non é LGTB. Nas obras de creación faise difícil definir cando unha obra ten esta característica. É o autor o que ten esta condición?, son os participantes (músicos, actores…)? é a temática? ou, trátase da “adopción” que da obra fai a comunidade LGTB?

Calquera destas posibilidades é válida, polo que establecer unha lista única, definitiva e consensuada sobre esta materia é sempre polémico e non vamos ser nós quen defina o que se pode considerar como tal.

Queremos presentar unicamente unha lista que serva de axuda para a selección de aquelas bibliotecas que desexen completar a súa filmografía con obras desta temática. O criterio seguido foi o de utilizar listados feitos por outras bibliotecas ou grupos de selección e o noso propio coñecimento, co único límite de indicar obras que se encontren publicadas e á venda en España e polo tanto que se poidan conseguir con facilidade no mercado.

Non están todas as que son… pero as que se presentan cremos que teñen criterios de calidade que permiten que se poidan encontrar nas bibliotecas a disposición dos usuarios.

Da mesma maneira animamos a todas aquelas persoas que queiran contribuir a comentar ou incrementar a lista a enviarnos as súas propostas a info@biblioqueer.org

Este é o listado completo.

3 Respostas

  1. Estupenda listaxe. Tomamos nota desde Biblioafonso para completar a nosa colección. Saúdos.

  2. Que bom trabalho!!
    ;-D

    Parabéns e obrigada

  3. [...] En algún outro post teremos que facer algunha entrada relativa ao cinema de temática LGTB para adolescentes. Un bon exemplo é o filme Tormenta de verano que se proxectará no Festival, película que foi incluido no noso post Listado de películas LGTB. [...]

Deixar uma resposta

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Modificar )

Imagem do Twitter

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Modificar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Modificar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.