Festival Visible Cinema

Festival Visible Cinema: I Mostra de cine de temática LGTB, do 4 ao 10 de Abril na Coruña, organizado pola ONG Visible para la cultura LGTB

O festival consta de dúas partes:

Unha primeira dirixida ao alunado dos institutos da cidade coa proxección dos documentarios sobre a diversidade sexual: Homo Baby Boom e Orgullo, seguidos de debates nos que participarán representantes de colectivos LGTB e do Servizo Municipal de Mediación en Información LGTB

A segunda parte, aberta ao público en xeral, con proxeccións de filmes, videos e documentarios en varios locais da cidade: CGAI, Teatro Rosalía, O Alfaiate e na Sala Cormelana. Indicamos estas actividades abertas ao público:

Xoves 7
18:00h Curtametraxes (CGAI)
21:30h Proxección sing-along (Karaoke) de Mamma mía (Sala Cormelana)

Venres 8
20:45h. Proxección de Tormenta de verano (CGAI)

Sábado 9
23:30 Videoclips (O Alfaiate)

Domingo 10
20:00h. Proxección de Ander (Teatro Rosalía)
Presentando por Mon Santiso coa presencia do director Roberto Castón.

En algún outro post teremos que facer algunha entrada relativa ao cinema de temática LGTB para adolescentes. Un bon exemplo é o filme Tormenta de verano que se proxectará no Festival, película que foi incluido no noso post Listado de películas LGTB.

Merece especial destaque a proxección do filme Ander de Roberto Castón, do que tampouco fixemos ningunha mención no blog xa que de momento non está disponíbel para a súa adquisición. Este filme foi premiado en varios certames de cinema polo súa maneira de nos contar unha historia de tolerancia no mundo rural dos caseríos bascos.

Deixar um comentário

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Modificar )

Imagem do Twitter

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Modificar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Modificar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.