Cuestión de peito

Temos que agradecer este ano que no envío dos lotes da Xunta se incluísen algúns documentos galegos relacionados coa temática LGTB que posibelmente, doutra maneira, non chegarían ás bibliotecas. O noso país non é moi prolífico na produción de obras desta temática, polo menos a nivel editorial, aínda que si existen textos, sobre todo en revistas, [...]

Festival Visible Cinema

Festival Visible Cinema: I Mostra de cine de temática LGTB, do 4 ao 10 de Abril na Coruña, organizado pola ONG Visible para la cultura LGTB O festival consta de dúas partes: Unha primeira dirixida ao alunado dos institutos da cidade coa proxección dos documentarios sobre a diversidade sexual: Homo Baby Boom e Orgullo, seguidos [...]

Poeticaespetaculante: poesía de Abel Mendes

Jose Carlos Alonso Sánchez, do colectivo Milhomes envíanos a información da obra Poeticaespetaculante de Abel Mendes Buxeiro publicado por Danú no ano 2006 e, do que aínda non déramos conta no blog. Son poucos os autores galegos que presentan unha obra sobre a temática LGTB e non podíamos esquecernos desta por se tratar dunha obra [...]

Resumo do encontro: A Biblioteca LGBT, curso de supervivencia para a biblioteconomia do s. XXI

O martes 30 de Xuño encontrámonos varias persoas das Bibliotecas Municipais da Coruña, do Grupo 7 Cores e deste blog para debatir sobre a necesidade da presenza dos materiais LGTB nas bibliotecas. Ao encontro sumáronse tamén representantes dalgunha das escolas da cidade e de Agabel (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura) As xornadas [...]

Máis actividades ao redor do 28 de xuño

Santiago: Venres 3: conferencias, obradoiro de caricias, recital de poesia e concertos a partir das 18,30h. na Praza dos Bombeiros ou do Irmán Gómez Sábado 4: xantar popular, conferencias ás 13h. e ás 18h., teatro e concertos, na Praza dos Bombeiros ou do Irmán Gómez Praza dos Bombeiros Información tirada de A  Nosa Terra Ourense: [...]

A Biblioteca LGBT: curso de supervivencia para a biblioteconomia do s. XXI

O 30 de Xuño está organizado un encontro para bibliotecarias e bibliotecarios das Bibliotecas Municipais da Coruña. O encontro pretende avaliar a presenza de documentos LGBT nas bibliotecas e ofrecer recursos para o traballo con esta temática. Organizado polas propias bibliotecas será dirixido polo Grupo 7 Cores que se encargará de presentar o tema ante [...]

Actividades 28 de xuño de 2009

Pasamos a sinalar as actividades que terán lugar na Galiza para reivindicar a visibilidade nesta data nas cidades de Coruña, Ferrol, Ourense e Vigo. Venres 19: 12,30h. Inauguración da Exposición “Otros Arcoiris. Activismo LGTB en Salvador de Bahía”. Centro Social dos Mallos (A Coruña). Organizado polo Grupo 7 Cores e o Concello. 19,30h. Bandeira do [...]

Do feminino ao feminista: xénero e arte contemporánea en Galicia

Seminario: Entre o 18 e 20 de Maio celebrouse no Centro Galego de Arte Contemporánea un seminario baixo o título: O declive da ortodoxia? seminario en torno ás políticas da diversidade sexual na arte. Nestes días oiuse a miúdo citar a Michel Foucault, a Judith Butler, a Monique Wittig, a Teresa de Lauretis e a [...]

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.