Máis actividades ao redor do 28 de xuño

Santiago:

Venres 3: conferencias, obradoiro de caricias, recital de poesia e concertos a partir das 18,30h. na Praza dos Bombeiros ou do Irmán Gómez

Sábado 4: xantar popular, conferencias ás 13h. e ás 18h., teatro e concertos, na Praza dos Bombeiros ou do Irmán Gómez

Praza dos Bombeiros

Información tirada de A  Nosa Terra

Ourense:

Venres 3: Manifestación ás 21h. na Rua do Vilar. Festa a partir das 22,30h. no CS A Esmorga.

Información tirada do Blog das Lerchas.

A Biblioteca LGBT: curso de supervivencia para a biblioteconomia do s. XXI

O 30 de Xuño está organizado un encontro para bibliotecarias e bibliotecarios das Bibliotecas Municipais da Coruña. O encontro pretende avaliar a presenza de documentos LGBT nas bibliotecas e ofrecer recursos para o traballo con esta temática.

Organizado polas propias bibliotecas será dirixido polo Grupo 7 Cores que se encargará de presentar o tema ante os profesionais.

Os realizadores deste blog participaremos tamén presentando o traballo realizado até este momento.

Temario:

1. Nocións LGBT básicas

  • A qué chamamos LGBT? A qué nos referimos cando mencionamos esas siglas?
  • Qué é LGBT? Qué parte do colectivo se coñece máis?
  • Qué é o xénero? e a sexualidade?
  • Qué imaxe temos na nosa cabeza? Cal consideramos máis real?
  • A visibilidade como exercicio de poder

2. Literatura LGBT

  • Qué se considera literatura LGBT?
  • Á necesaria unha literatura temática? Por qué?
  • Existe un coñecimento regular desta?
  • Cal é a imaxe que se ten deste tipo de literatura?

3. Ensaio LGBT

  • Qué se sabe do ensaio LGBT? Como se entende desde fora?
  • Até onde ten influenza o ensaio como xénero divulgativo?

4. Organización e espazo

  • Como organizar os documentos na biblioteca e por qué?
  • Qué posibilidades implica unha e outra forma?
  • A que criterios atenderemos para facer a catalogación?

5. Visibilidade LGBT na Biblioteca

  • Como se percebe a visibilidade LGTB na biblioteca?
  • É necesaria esta visibilidade?
  • En que medida circulan documentos de temática LGBT entre os usuarios?

Actividades 28 de xuño de 2009

Pasamos a sinalar as actividades que terán lugar na Galiza para reivindicar a visibilidade nesta data nas cidades de Coruña, Ferrol, Ourense e Vigo.

Venres 19:

  • 12,30h. Inauguración da Exposición “Otros Arcoiris. Activismo LGTB en Salvador de Bahía”. Centro Social dos Mallos (A Coruña). Organizado polo Grupo 7 Cores e o Concello.
  • 19,30h. Bandeira do Arcoiris na Praza de María Pita (A Coruña). Organizado polo Grupo 7 Cores e o Concello.

Xoves 25:

  • 19,30h. Conferencia: Outros Arcoiris. Forum Metropolitano (A Coruña). Organizado polo Grupo 7 Cores e o Concello

  • 20h. Concentración Ciclista. Parque de San Lázaro (Ourense).
  • Días 25, 26 e 27: 19,30h. Proxección de TransAmerica na Sala Fernando Rey do Forum Metropolitano (A Coruña). Organizado polo Grupo 7 Cores e o Concello.

Venres 26:

  • 22h. Actuacións. Praza de Azcárraga (A Coruña). Organizado polo Grupo 7 Cores e o Concello.
  • 00,30h. Festa: Invertid@s disco party no Plaff (Vigo). Organiza Nós Mesmas

Sábado 27

  • 17,30h. Animación Infantil. Praza da Constitución (Vigo). Organiza Nós Mesmas
  • 20h. Concentración e Manifesto (Praza da Constitución?) (Vigo). Organiza Nós Mesmas
  • 20,30h. Pregón na Praza Maior (Ourense)
  • 21,30h. Gran Festa Branca, zona Pena Vixía. III edición dos Orgullogames (Ourense)

Domingo 28

  • 21h. Cea e I Festival Europlaybasses, no Grándola (Ourense)

Mércores 1 de Xullo

  • 21:00h. Encontro entre Maribolheras Precárias e o Grupo Gai de Bahia do Brasil, noCS Propolis (A Coruña). Organizado por TransMaribolheras Precarias

Do feminino ao feminista: xénero e arte contemporánea en Galicia

Seminario:

Entre o 18 e 20 de Maio celebrouse no Centro Galego de Arte Contemporánea un seminario baixo o título: O declive da ortodoxia? seminario en torno ás políticas da diversidade sexual na arte.

Nestes días oiuse a miúdo citar a Michel Foucault, a Judith Butler, a Monique Wittig, a Teresa de Lauretis e a moitos artistas que nos últimos cuarenta anos axudaron a transformar a imaxe do mundo. Tamén se referenciaron fragmentos e retallos da historia LGBT e do activismo na España democrática, e alusións ás distintas exposicións que se desenvolveron noutros países sobre calquera aspecto da heterodoxia sexual. E viuse que estas materias cheas de amor, de dor, de fantasía, de política, de reivindicación non só abundan no mundo anglosaxón senón que teñen impacto así mesmo en Alemaña, en Turquía, en Chile, na India, no Estado español… Un mundo diverso, un futuro mellor agárdanos, se loitamos por el.

Exposición:

Entre o 14 de Maio e o 20 de Setembro contarase cunha exposición baixo o título: En todas as partes. Políticas da diversidade sexual na arte, comisariada por Juan Vicente Aliaga

O eixo central desta exposición radica nas distintas representacións do concepto de diversidade sexual no terreo da arte. Baixo esa denominación incluínte contémplanse principalmente as imaxes sobre a homosexualidade, o lesbianismo e as sexualidades e identificacións agrupadas habitualmente baixo o acrónimo LGBTQ (lesbiana, gay, bisexual, transexual ou transxénero e queer), que se pode completar co I referido ás persoas intersexuadas.

O primeiro seminario deu pé a que o Xornal de Galicia publicase no seu suplemento cultural Nós varios artigos relacionados co seminario e con este proxecto expositivo que se recollen baixo o título que dá entrada a este post.

Artigos:

Do feminino ao feminista: artigo de Ánxela Caramés

Representación das masculinidades na Galiza: artigo de Xosé Manuel Buxán

A historia do mundo contado a “las locas”: artigo de Héctor Sanz Castaño

Maribolheras Precarias: “non separamos a festa da loita”: entrevista de Lucía Bello e Ánxela Caramés a persoas desta asociación.

O suplemento pode ser visualizado ao completo a continuación:

Concha Blanco: Nano

Concha Blanco (Lires, Cee, 1950) completa con esta obra o número 30 da súa produción literaria. Esta premiada escritora dedica a maior parte da súa produción á literatura infantil e xuvenil e destaca tamén pola incursión escrita en varios xéneros literarios.

Nano (Everest Galicia 2007) como especifica na cuberta da obra: é un mozo que ben se pode identificar co inverno, pola súa cor gris. Nano procura recoñecerse e aceptarse tal como é, cos seus defectos, e virtudes. Inténtao primeiro da man de mali e logo da de Román. Cústalle abrir a porta da gaiola na que el mesmo se pecha cada día e comezar a voar, proxectándose libremente ao exterior ante os ollos da súa xente. cando cre que o vai conseguir, unha desgraciada circunstancia, coa que ninguén contaba, convértese nun atranco difícil de salvar. Pero do danosufreido tamén se aprende e Nano non se permite tocar fondo e rexorde, agora coma os gromos na primavera.

Unha historia de intriga e de loita polo recoñecemento da propia identidade sexual ambientada nas rúas da Coruña e con visitas á Costa da Morte natal da escritora.

Trátase dunha das poucas obras galegas dedicadas ao público xuvenil que fala explicitamente da orientación sexual, é polo tanto unha obra de obrigada presenza nas bibliotecas e de contido educativo para o traballo nas aulas.

Bibliotecas pela Igualdade de Género

Do blog portugués da companheira Luísa Alvim, Viva Biblioteca Viva, extraemos a información dun novo recurso: Bibliotecas pela Igualdade de Género (BIG).

Queremos felicitar a estas companheiras da União de Mulheres Alternativa e Resposta por esta iniciativa.

Obxectivos:

  • orientar e apoiar as/os responsáveis das bibliotecas municipais e escolares na selecção de monografias relacionadas com as temáticas da Igualdade de Género, dos Direitos Humanos das Mulheres e da Cidadania.
  • dinamizar sessões de sensibilização e debates nas áreas da Igualdade de Género, da Cidadania e dos Direitos Humanos das Mulheres nas bibliotecas municipais/escolares ou no espaço mais lato da Escola.
  • criar kits bibliográficos, segundo níveis de escolaridade, atentos, sensíveis e adequados às temáticas da Igualdade de Género, dos Direitos Humanos das Mulheres e da Cidadania disponibilizando-os às bibliotecas municipais e escolares para que estas possam mais efectivamente promover os valores da Igualdade de Género e da Cidadania.
  • promover a Igualdade de Género e a Cidadania junto de jovens utentes de Bibliotecas municipais e escolares, inserindo-os/as num trabalho em rede (Rede pela Igualdade de Género), projectado para o futuro e potenciador da eliminação de estereótipos e da promoção de boas práticas.
  • criar uma exposição itinerante alusiva à temática das Mulheres no Espaço Público que percorrerá todas as bibliotecas municipais/escolares abrangidas pelo BIG.
  • divulgar o Centro de Documentação e Arquivo Feminista Elina Guimarães (CDAF) no espaço das bibliotecas municipais/escolares, e no espaço mais lato da Escola.
  • facilitar a promoção de factores de coesão social, pois o envolvimento dos diferentes actores, nomeadamente de jovens de diferentes sectores sociais, poderá contribuir para a eliminação de estereótipos sociais e de género e dos respectivos mecanismos de discriminação e exclusão social.

Detrás del rostro que nos mira de Héctor Bianciotti

Os lectores de Ritual e Los desiertos dorados atoparán  nesta novela – a segunda na producción literaria de Héctor Bianciotti, escrita en 1967 e publicada en 1969 en “Les lettres Nouvelles”- a mesma atención aos movementos secretos dos seres humanos, o mesmo gusto polos decorados e, en particular, polo que hai detrás deles, ese xogo de miradas furtivas que se desdobran.

A aparente paz dos días ociosos de Livia, novelista no outono da súa vida, e a súa filla Silvia queda rota pola entrada de Daniel, fillo predilecto de Livia, personaxe inconstante e fantasioso sobre quen cae a sombra dolorosa – ou a culpa – do suicidio do seu amigo íntimo. No mundo artificial e falso no que se moven as dúas mulleres, a brutal realidade da homosexualidade de Daniel, que lles custa asumir, marca unha cadea de situacións e reflexións nas que o seu propio mundo se reflexa e se cuestiona.

A medida que avanza ao encontro  dese final que espera, pero que non acaba de chegar, Livia vai recobrando o interese por escribir, e o lector descobre lentamente que esta novela non rematada, que aínda está lendo, se mistura e se confunda coa derradeira novela que Livia está a rematar e que lle entrega ao seu editor para a súa lectura.

Héctor Bianciotti naceu en Córdoba- Arxentina – no ano 1930. Asentouse en Europa en 1955 e vive en París dende 1961, onde traballou como crítico literario e como lector na editorial Gallimard. É membro da Academia Francesa dende 1996.

Antony: The crying light

Antony The crying light

Antony é un dos músicos, e artista polifacético, máis trangresores e emotivos do panorama musical actual. Este británico residente en Nova Iorque fai da exploración dos sentimentos a especialidade da súa creación artística.

Desde o seu disco I´m a bird now logrou unha crítica unánime pola súa calidade. Agora o seu novo traballo, The crying light, recolle a identificación da persoa e a súa música coa defensa do ambiente que é o tema central do seu novo disco.

I´m a bird now xa foi recollido no listado dos 100 discos máis LGTB da revista norteamericana Out citado con anterioridade neste blog. Esta obra xunto co seu novo disco son imprescindibles nas nosas bibliotecas.

A súa xira pola península levarao a actuar a próxima segunda-feira 18 de maio no Coliseu do Porto. Unha boa oportunidade para poder apreciar a súa música ao vivo.