A revista norteamericana Out saca á luz o que valoran como os mellores discos desta temática.
Evidentemente está centrado no mundo anglosaxón polo que deixa de lado moitos discos do noso entorno que nalgún momento haberá que retomar para engadir a esta listaxe.
De calquer maneira incluimos a lista: 100 Greatest, Gayest Albums of All Time, porque consideramos que nos pode dar unha idea para completarmos o noso fondo documental con obras musicais de temática lgtb ou onde estas persoas nos encontremos identificados.
Podemos desde aquí facer un chamamento para ampliar a lista con discos do noso entorno. Faltarían discos que se poden considerar como fundamentais: Alaska, os GNR… Se estades interesados ou interesadas enviade propostas ao mail do blog: info@biblioqueer.org
A continuación os dez primeiro discos da lista:
1.David Bowie, The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders From Mars, 1972
2.The Smiths, The Smiths, 1984
3.Tracy Chapman, Tracy Chapman, 1988
4.Indigo Girls, Indigo Girls, 1989
5.Judy Garland, Judy at Carnegie Hall, 1961
6.The Smiths, The Queen is Dead, 1986
7.Elton John, Goodbye Yellow Brick Road, 1973
8.Madonna, The Immaculate Collection, 1990
9.Cyndi Lauper, She’s So Unusual, 1983
10. Antony and the Johnsons, I Am A Bird Now, 2005
Eu que tanto escoitaba The Smith e sen sospeitar que eran tan gais 🙂
E GNR tamén? pero se teñen ese son tipo Estopa super hetero!
[…] a bird now xa foi recollido no listado dos 100 discos máis LGTB da revista norteamericana Out citado con anterioridade neste blog. Esta obra xunto co seu novo […]
[…] que nos ocupa. Da mesma maneira que acontecía coa selección feita para a música, indicada noutro post, é moi difícil establecer o que é e o que non é LGTB. Nas obras de creación é moi difícl […]