“Historia particular de un muchacho” (Destino, 1995), un libro de Edmund White (Cincinnati, USA, 1940), escritor e profesor de literatura e crítica literaria na Universidade de Yale, New York University e Columbia que conta os aconteres dun xove rapaz no descubrimento da súa identidade.
Convertida dende a súa publicación nun clásico, en moi poucas ocasións recréase con tanta intelixencia, humor e riqueza literaria o paso pola adolescencia e o descubrimento da sexualidade.
Ambientada na América dos anos cincuenta, a historia dun rapaz verase marcada polo descobrimento “incómodo” da súa diferenza: a homosexualidade. Ao principio só é unha intuición un tanto confusa pero pronto escollerá un camiño de inequívoca obsesión.
Tras afirmarse na súa identidade sexual e superar o medo a ser distinto vai percorrendo o camiño da súa pubertade, coas vicencias da súa vida: a relación difícil cos seus pais divorciados, a aprendizaxe das relaciósn sociais, os intentos da busca de parella e amigos, confidentes, e os inicios na sexualidade. Todo un proceso ata a desexada madurez.
O autor, dentro da súa ampla obra literaria: Desollado vivo (Destino, 1996), Cabriolas (Ediciones del Bronce, 2002), La hermosa habitación está vacía (Destino, 2003), adicouse a escribir tamén biografías: Genet (Debolsillo, 2005), Proust (Mondadori, 2001).
En Genet (Debolsillo, 2005) e tras sete anos de traballo e dedicación, escribiu a biografía de Jean Genet escrupolosamente detallada, documentada e estritamente cronolóxica. O “Genet” de Edmund White, é excelente, convincente e verosímil como dín as críticas (Dos homosexualidades: Revista de Libros, nº 112, p.41-42), e onde o libro biográfico de Edmund White foi galardonado no National Books Critics Circle e co premio Lambda. O autor sinala : “descubrí en mis indagaciones que Genet fue un niño modelo, con las mejores notas de la comarca y un rasgo muy especial: “Mi más preciado tesoro es la homosexualidad”, mencionaba Genet, nunha época na que ser homosexual era unha vergoña.