Elisa e Marcela: alén dos homes


 

Elisa e Marcela: alés dos homes é unha obra de Narciso de Gabriel (decano da Faculdade de Ciencias da Educación da UDC) que traballou 15 anos para narrar a historia destas dúas mulleres transgresoras de finais do s.  XIX e comezos do XX.

A obra preséntase na Coruña o 18 de decembro ás 20h. no Paraninfo da Universidade coa presenza de Manuel Rivas e Carme Blanco.

A mais extraordinaria historia de amor: Manuel Rivas no suplemento Luces de El País do 12 de decembro de 2008 escrebe:

“Elisa e Marcela coñecéronse mediados os anos oitenta do século XIX, na Escola Normal da Coruña. Elisa tiña 23 anos e Marcela, 18. Coñecéronse e namoráronse. Era unha a súa unha amizade tan intensa que os pais de Marcela situaron axiña no espazo do “perigo”, do inadmisíbel, malia non ter nome sequera para o “pecado”. Mais todos os intentos por separalas foron fracasando. Nese “estado de excepción” no que viven é cando van maxinando a novela que salvalos. Inventan un terceiro ser. Un “home”. Vaise chamar Mario. Vai ser real. Vaise encarnar en Elisa. Elisa é “viril”. Ten o carácter e os trazos afoutados dun macho cando é necesario. No tempo en que é mestra en Calo (Vimianzo) vai sempre armada de revólver e faino saber: “Eu non ando nunca sen ‘o despertador”. Magnífico eufemismo para un arma de chumbo. Falta lle facía o estilo arroutado. Daquela, Marcela exercía en Dumbría. E foron moitas as noites en que Elisa atravesaba Soneira, mesmo contra trebón e co lobo ás beiras.

Inventaron un home que fixeron real. Cunha biografía de infancia especial, tan especial que resultaba ser protestante. Un coruñés de pai británico que viviu un tempo en Londres. Así que había que bautizalo, antes de poder casar. E todo iso pasou, en 1901, na igrexa de San Xurxo da Coruña. O Mario (Elisa) faise católico. Mesmo o cura, no ritual, faille unha cruz no peito. Mais Elisa xa é Mario. Xa é home. E logo el e Marcela casan. Pensan, soñan, que á fin poderán vivir tranquilas xuntas. Mais todo conspira contra esa elemental felicidade. Serán descubertas…”

Anúncios

2 comments

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s