Hanif Kureishi: El buda de los suburbios


De orixe paquistanesa, Hanif Kureishi, naceu e vive en Inglaterra. Estudou filosofía no King´s College de Londres, onde comezou a escribir para o teatro. Gañou o premio George Devine Award con Outskrit. No ano 1984 escribiu o guión para a película My Beautiful Laundrette (Mi hermosa lavandería), nominada aos Oscar, e no ano 1987, o guión para Sammy and Rosie Get Laid (Sammy y Rosie se lo montan).

Debutou como novelista no ano 1990 con The Buddha os suburbia (El buda de los suburbios), coa que foi galardoado co premio Withbread na categoría de primeira novela.


“Mi nombre es Karim Amir y soy inglés de los pies a la cabeza, casi”. Así comeza El buda de los suburbios. O buda en cuestión, Haroon, é o pai de Karim, e é un respetable paquistanés de clase media, casado cunha inglesa. Un día decide brindar ás amas de casa e aos seus maridos dos suburbios de Londres, unha ración de transcendencia e éxtase místico ao que todos crían ter dereito nos anos setenta. O adolescente Karim tolerará os desvaríos dos mais vellos. Pero o que comezou con misticismo de barrio e nas horas libres, sairá pronto do seu camiño. O inefable Haroon namórarase da súa primeira discípula, Eva, e os dous romperán coas “convencionais” vidas familiares.

Desta maneira Karim verá as portas abertas para se lanzar á “vida verdadeira”, no ambiente máxico do feminismo, a promiscuidade sexual, teatro, drogas e rock and roll que era o Londres muntirracial e fascinante dos anos setenta, durante o fin da era hippy e o comezo do punk.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s