O primeiro filme como director de John Cameron Mitchell déixanos sorprendidos pola súa frescura e a súa capacidade de falar de sentimentos por medio de un filme musical. Hedwig and the angry inch (2001): un rapaz do Berlín oriental cambia de sexo por amor e para fuxir da Alemaña oriental aos EUA. Mais a operación non sae de todo ben e fica con unha “pulgada cabreada” que a leva, coa súa banda de rock, a narrar a súa historia na procura da súa identidade.
Un filme cheo de sentimentos que o director, e actor principal do filme, consegue transmitirnos através da música. Cinema irreverente que fai reflexionar sobre a identidade sexual: quen somos? É moi bon o tema musical e video que explica a orixe do amor, retomando o mito da caverna de Platón e outros máis antigos de orixe oriental sobre o sexo.
Se gostades máis de sexo explícito e de vidas ligadas entre si, o seu segundo filme, Shortbus (2006), no que se fala da tolerancia por medio do sexo tamén pode ser do voso interese. Mais nada a ver con este de Hedwig que está chamado a ser un clásico do cimena (e non só do cinema de temática gltb).