Dennis Cooper: Tentativa


Dennis Cooper (1953), un dos escritores norteamericanos máis transgesores das últimas décadas, foi comparado con Sade, Bataillee, Genet. Ademais de varios libros de poesía e un volume de contos, é autor de varias novelas, entre as que encontramos traducidas ao español, Contacto, Cacheo e Tentativa. Autor extremadamente polémico que sen embargo conta con grandes eloxios no seu país: “Extraordinario. Un dos poucos novos escritores norteamericanos dono dunha voz absolutamente persoal” Edmund White; “Un escritor de casta” William Burroughs.

En Tentativa (Panorama de narrativas, Anagrama), Cooper, continúa coa exploración de todos os buracos dos corpos e de todos os abismos do desexo que xa iniciou en Contacto e en Cacheo. Ziggy é un adolescente sumido na incertidume da entrada na vida, que soporta como pode, coa axuda das drogas, música de Hüsker Dü, e unha complicidade casi amorosa con outro rapaz escritor e heroinómano. E para intentar  comprender toda a súa vida, Ziggy, tamén edita un fanzine sobre o abuso sexual na infancia, unha materia na que lle sobra experiencia. Adoptado por dous homes homosexuais que intentaron formar unha familia e logo separáronse, Ziggy continuou vivindo – golpeado, sometido – co máis sádico dos dous, e confía en que o seu outro pai, un crítico de rock que ao mesmo tempo fantasea con metelo na súa casa como o seu fillo-amante, o rescate.

Na obra despréganse dous mundos paralelos, o dos rapaces que comezan a moverse a cegas nesa confusión dos sentidos e os sentimentos que para eles é a vida; e o dos adultos, parentes esperpénticos e depredadores implacables, para quen os rapaces non son senón obxectos dun obsesivo e imparable desexo que, en moitas ocasións, chega até a morte.

“Un estilista cunha peculiar sensibilidade cara a perturbadora beleza da escoria dos suburbios pequeno burgueses. Ten tamén un don aterrador para descobrer a caveira da morte debaixo dos rostros máis fermosos” Edmund White.

“Noutro país, ou noutra época, os libros de Dennis Cooper circularían en segredo. A vida do escritor estaría en perifo, e talvez o encerrarían nun manicomio, como ao marqués de Sade, con quen o teñen comparado. A súa é unha literatura petigosa” Catherine Texier, The New York Review of  Books. Tamén ten recebido críticas negativas: moitas veces é acusado dunha “homofobia internalizada” e de ser un “virulento anti-gay”

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s