Resumo do encontro: A Biblioteca LGBT, curso de supervivencia para a biblioteconomia do s. XXI


O martes 30 de Xuño encontrámonos varias persoas das Bibliotecas Municipais da Coruña, do Grupo 7 Cores e deste blog para debatir sobre a necesidade da presenza dos materiais LGTB nas bibliotecas. Ao encontro sumáronse tamén representantes dalgunha das escolas da cidade e de Agabel (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura)

As xornadas organizáronse en dúas quendas, coa mesma estrutura e contido, para facilitar a participación do persoal das bibliotecas. Na quenda da mañá participamos unhas 17 persoas e na da tarde 13.

Os representantes do Grupo 7 Cores fixeron unha presentación do que significan as siglas LGTB e das persoas que forman parte destes colectivos, agrupados en moitos casos simplemente pola súa diferenza de identidade sexual frente á “normalidade” heterosexual, o que non quere dicir que se trate dun grupo uniforme nin cos mesmos obxectivos nin necesidades.

Contribuíron tamén a aclarar conceitos como identidade, sexo e xénero no que sempre se crea confusión. O debate xurdiu, a partir de aquí, sobre a necesidade da visualización das diferentes orientacións sexuais para normalizar na sociedade o que xa está recollido a nivel legal na igualdade de dereitos. Aínda habendo quen considerase que todo isto xa está “superado” e que a sociedade aceita cada vez máis esta realidade, o debate da tarde, con representantes do ensino, apoiaron a tese de que aínda se está lonxe da normalización e que queda moito camiño por percorrer.

Neste sentido Antonio Martínez de Agabel, e profesor do IES Afonso X de Cambre, explicou a iniciativa do seu centro no traballo específico contra o bullying homofóbico. A iniciativa de varios membros do profesorado comezaron este curso escolar, e continuarase no próximo, cunha campaña específica contra este tipo de acoso que se vai completar coa creación dunha sección específica de fondos LGTB na biblioteca do seu centro.

Isto dá pé a comentar xa o debate específico centrado na presenza e visibilización dos documentos LGTB nas Bibliotecas.

Non parece fácil visibilizar especificamente estes recursos xa que os centros de interese das bibliotecas son moi numerosos. Quedou claro que os fondos desta temática nas bibliotecas municipais da Coruña son bastante numerosos, sen embargo estes fondos están dispersos en diferentes seccións, o que fai moi difícil para os usuarios coñecer a súa existencia en conxunto.

Neste sentido apuntáronse varias posibilidades de visualización dos materiais sen necesidade de crear centros de interese específicos para esta materia:

  • exposicións e/ou centros de interese temporais coincidindo con datas sinaladas como pode ser o 28 de xuño
  • creación de guías de lectura
  • recuperación fácil a través do catálogo de maneira que se poda agrupar virtualmente todos os materiais desta temática
  • misturar os diferentes materiais de maneria que contribúa a difundir a “riqueza” do fondo: ensaio, música, cinema, literatura…

Incidiuse na necesidade de traballar con esta temática como una materia transversal que debe estar presente nos contidos de todas as actividade que se realicen nas bibliotecas.

Por último incidiuse na dificuldade de coñecer materiais específicos de temática LGTB de calidade, sobre todo no caso da literatura e de outras expresións artísticas como a música, o cinema, a banda deseñada… Se para o ensaio parece bastante claro coñecer o que se publica, para os outros materiais é máis difícil. Neste sentido é importante que existan recursos como este blog e grupos de traballo como o Q.doc do COBDC (Col·legi Oficial de Bibliotecaris-Documentalistes de Catalunya) para que contribúan a aportar materiais de interese para as bibliotecas como a Bibliografia sobre Cultura Gai, Lésbica I Transsexual.

A experiencia foi moi positiva e moi ben valorada polos participantes. Esperamos que este tipo de encontros se poda extender a outras bibliotecas e aos centros escolares.

Grupo da tarde
Grupo da tarde
Representantes Grupo 7 Cores
Representantes Grupo 7 Cores

4 comments

  1. Noraboa polo iniciativa. Todo o que sirva para normalizar está moi ben e do de ofertar recursos para as bibliotecas tamén. Aínda queda moito camiño que percorrer pero de seguro que grao a grao todo se conseguirá. As miñas felicitacións.
    Saúdos e non perdades o ánimo

  2. Enhorabuena por la iniciativa; en la biblioteca en la que trabajo (Biblioteca de Pamplona-Yamaguchi, la podeis encontrar en http://www.bibliotecaspublicas.es) hemos agrupado todo el fondo LGTB en el catálogo incluyendo en el null y en la signatura suplementaria de Absys el término Gays y Lesbianas (aunque quizás lo modifiquemos y pongamos LGTB como más correcto); de esa forma se puede recuperar facilmente. Además tenemos dos guías de lectura (LGTB 1 y LGTB 2) en que está todo ordenado por temas (podeis consultarlas en nuestra web). En bastantes bibliotecas inglesas tienen secciones dedicadas a la temática LGTB, tampoco me parece mal recurso para visibilizarlo.
    Un saludo y ánimo con vuestras iniciativas

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s