Do mundo anglosaxón procede unha iniciativa pioneira: a recuperación da memoria histórica das persoas que forman parte da comunidade LGTB.
Queer History Project é un proxecto da organización Out on Screen, de Vancouver (Canadá), que está centrada na utilización dos medios audiovisuais para difundir o coñecemento da comunidade lgtb. Son, entre outras actividade, os organizadores do festival de cinema Vancouver Queer Film Festival.
O Queer History Project é un lugar onde poder crear, coñecer e compartir as historias persoais. Pretende crear unha colección online permanente que conserve e difunda a memoria.
Promove a produción de películas que conten experiencias queer do pasado para garantir a pervivencia da historia para as xeracións futuras. Permitirá que a nosa historia tome o seu lugar na historia do Canadá