Raymond, un avogado negro do sul dos Estados Unidos, loita por aceptar a súa homosexualidade e deixar atrás a invisibilidade á que estivo submetido no pasado. A súa vida pasa por un momento tan complicado como crucial: en pouco tempo deberá enfrentarse á súa familia, moi respectada e activa no mundo da política de Alabama, solucionar os problemas que lle dará un famoso e sexi deportista, cliente seu, polo que sentirá unha irresistible atración, recuperar o cariño de Nicol, grande muller e mellor artista, e superar a dolorosa pérdida do seu mellor amigo.
Tal como soy (Just as I am) (Egales, 2005) é unha novela sobre o poder do amor coa que E. Lynn Harris conmove os corazóns dos lectores de todo o mundo.
“Harris logra entrelazar cuestions de identidade, sexualidade, raza, e clase social con desenvolvemento, convertendo Tal como soy nunha lectura interesante e de gran profundidade.” OUT
“Tal como soy é ficción inovadora no seu mellor estilo. Harris deixou constancia de que a novela gay afroamericana ten o seu sitio no mercado literario.” PHILADELPHIA TRIBUNE.
O autor foi no seu día executivo de vendas de IBM. Realizou un cambio brusco na sua carreira que deu como resultado en 1991 o bestseller Invisible life. En 1996 Tal como soy (1995) foi escollida novela do ano polo Blackboard African-American Bestsellers Inc.