Como los demás de Vicent Garenq. Os protagonistas, Emmanuel e Philippe, forman a parella perfecta, quérense e ámanse infinitamente,… ou case… A parella lévase ben ata que Emmanuel sinte o desexo de ser pai, a pesar de que a súa parella, Philippe, non quere e que ademáis non teñen dereito a adopción como parella. Un bó día, Emmanuel decide telo, custe o que custe, aínda que iso supoña que pode chegar a perder a relación que mantén con Philippe.
Comeza a buscar solucións na adopción pero a súa opción sexual vaille traer moitísimos problemas. Ao remate decide buscar a unha nai de aluger pero vai atopar con algo máis que iso, unha muller (Fina, que está ilegal no país ) que está disposta a darlle un fillo e que se namora del. A situación vai escapándoselle das mans…