Ferdinand de André Gide


É de novo a editorial Cabaret Voltaire a que edita esta obra de Gide: Ferdinand: la paloma torcaz. O texto é difícil de presentar de maneira editorial ao se tratar dun pequeno relato de apenas sete páxinas que narra o encontro do autor con Ferdinand. É unha obra que mostra a súa sexualidade de maneira explícita e que se fai interesante desde o momento en que permite enlazar este relato con outras obras do autor.

O relato non pasaría dun pequeno “divertimento” se a filla de Gide, que encontrou o texto entre os seus documentos, non realizase un labor de acompañamento da edición da obra con outros textos que enriquecen o libro e fan deste un documento que permite aprofundar máis na obra e na biografía do autor.

Editado de maneira coidadosa, como os outros libros deste aditora, (como comentamos na referencia da obra El Cordero Carnívoro de Agustín Gómez Arcos neste mesmo blog) enriquecen o texto o  prefacio de Catherine Gide, filla do autor, e de Jean-Claude Perrier, o postfacio biográfico e literario de David H. Walker e, finalmente, o estudo sobre a obra e o autor realizado pola tradutora Lydia Vázquez Jiménez.

Un libro imprescindible para aquelas persoas que desexan coñecer a obra de Gide e a relación entre os seus escritos e a súa sexualidade. Rematamos esta reseña cun texto de Lydia Vázquez ao final do libro:

Ferdinand “la paloma torcaz” es un relato brevísimo, apenas siete páginas guardadas durante años en un sobre amarillo hasta su publicación en Francia en 2002 con la autorización de su hija. Pero toda la escritura gidiana se halla contenida en él: relato de interpretaciones alegóricas y parabólicas múltiples, narración lírico-mística de una noche envuelta en sensualidad, protagonizada por dos personajes hedonistas, un preseptor-iniciador y un jovencito inocente pero sin falso pudor, diáfanamente autobiográfica, abiertamente reivindicadora de una homosexualidad solar (a la luz de la luna llena), de una paidofilia consentida, del deseo como motor del viaje sin retorno a las profundidades del yo.

Anúncios

One comment

  1. Paréceme mui interesante. Ler algo novo do André Gide sempre vale a pena, aínda que a sua sensibilidade estea muitas veces a grande distancia da dos lectores actuais.
    Obrigadísimo! : )

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s