A Literatura Infantil: unha nova visión


A Editorial Bellaterra leva varios anos apostando por mostrar, nas súas obras destinadas ao público infantil, títulos sobre novas formas de familia. Títulos que deberíamos incorporar aos nosos catálogos coa finalidade de visibilizar esta realidade.

La princesa valiente, escrito por Arancha Apellániz e ilustrado por Mabel Piérola (2009).

Crecer nunha sociedade complexa como a nosa non semella asunto doado, sen embargo, é a tarefa principal dos nosos fillos e fillas e do noso alumnado. O racismo, o sexismo, a marxinación, a diferenza en xeral, son xeradores de prexuízos, angustias e ansiedades, tamén para os máis pequenos. La princesa valiente salienta a intelixencia e o valor como ferramentas ao alcance das crianzas para facerlle frente aos seus temores e ameazas. O desenvolvemento das súas habilidades e o reforzo da súa atuonomía, co apoio dos adultos, preséntanse como o camiño adecuado para resolver as situacións de conflito que dunha maneira ou doutra afectan a todos os nenos e nenas.

Aitor tiene dos mamás, María José Mendieta, e Mabel Piérola (2006).

Comezaron a saír á luz pública algúns casos de acoso escolar, o famoso bullying: a violencia verbal ou física, o rexeitamento e a discriminación non son ningunha novidade nas aulas nin nos patios dos colexios, pero até o de agora facíamos  como se non existísen.

Aitor é vítima desta violencia escolar porque a súa familia é diferente ás demais. A solución das nais de Aitor para axudarlle é cambiar de residencia, ir a vivir á cidade, como se fose mellor. É un feito que as persoas lesbianas, gais, bisexuais ou transexuais, emigren ás grandes cidades para aforrar problemas, para vivir máis comodamente, pero sería desexable rematar con este éxodo forzado e que todo o mundo poidera vivir tal como é en calquera lugar.

Paula tiene dos mamás, escrito por Lesléa Newman, ilustrado por Mabel Piérola (2003).

Todas as persoas son iguais e á vez moi diferentes. Ás familias ocórrelles algo semellante, hai familias cun pai e unha nai, outras só cun pai ou cunha nai, outras con nais, e outras con pais. Este libro conta a historia de Paula que ten dúas nais e na que se aprende que o único importante é o amor e o cariño.

A igualdade entre as diversas formas de relacionarse, de quererse, non só é unha boa postura cívica e ética, senón unha imperiosa necesidade nas nosas vidas e nas nosas sociedades, é unha esixencia humana.

2 comments

  1. Que bem informados nos tedes. Obrigadinho!
    Em galego a editora Oqo tem um par de contos ilustrados, como já saberedes, que trabalham também a diversidade: som Velliñas (As velhinhas em portugúés) e Titiritesa.
    Apertas desde Porto.
    Xosé Antón

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s