Ralf König: humor gay


fotokonig2

Non podemos deixar de falar neste blog sobre un dos grandes autores da banda deseñada actual. Ralf König (Soest, Alemaña, 1960), autor de tiras cómicas que nos fan rir desde fai anos e que contribuíron, e contribúen, a normalizar e facer ver desde outra perspectiva a temática gay. Non poden faltar nos nosos fondos un autor que ten un valor extraordinario e de quem cremos que é fundamental contar coa súa obra nas nosas BDetecas.

O tema homosexual é o fío condutor en todas as súas obras. Personaxes de grandes bigodes, musculosos obreiros da construción en pantalóns de coiro, a parella de longo tempo Konrad e Paul, unha preocupada nai que non sabe nada das preferencias sexuais do seu fillo… Estes son os principais personaxes dos turbulentos enredos nas tiras cómicas de König. O seu humor nunca é groseiro ou ofensivo e relata as súas historias con grandes doses de humor. Cos seus traballos, publicados desde finais dos anos oitenta na Alemaña, König impulsou con éxito a aceptación dos homosexuais polo público en xeral a pesar de usar estereotipos nas súas tiras cómicas.

Dentro da súa bibliografía en 1987 publicou o seu primeiro álbum El hombre nuevo: enredos, sexualidade aberta e sen ningún tipo de prexuízo, relacións de parella, crítica social… As obras de Ralf König tamén foron levadas ao cine nalgún caso con pouco éxito: El hombre deseado, El condón asesino, Lisístrata.

É difícil recomendar alguns dos seus títulos xa que todos eles teñen moito sentido do humor. Moitas veces achégase á novela negra, á novela histórica e mesmo a interpretacións  relixiosas pero desde un punto de vista actual, crítico e humorístico. Se tivésemos que escoller só algunha obra para ter entre os nosos fondos podemos sinalar entre as súas novelas gráficas:

  • Elcondón asesino
  • El hombre nuevo
  • Lisístrata
  • Huevos de toro

As súas obras están publicadas en España por ediciones La Cúpula

Anúncios

One comment

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s