Alba é española e mantén unha relación con unha muller que ten dous fillos. Natasha é rusa e está a piques de casar co seu profesor de Arte do Renacemento. As dúas se coñecen en Roma e van compartir cuarto durante doce horas, repartidas entre o día e a noite. Durante ese tempo, intentan protexerse da atracción que senten, pero no poderán evitar caer na forza do erotismo. A sensualidade deixará paso aos sentimentos e os sentimentos a un AMOR que as facerá LIBRES.
Presentada na Festival de Málaga de 2010, a última proposta de Julio Medem aposta polo erotismo poético para que vexamos a relación que ata, entre elas, a dúas mulleres moi diferentes, antes de que continuaren coa súa vida.
Habitación en Roma (2010) é un drama romántico que reflexiona sobre os sentimentos ocultos e a amor sen límites nun escenario de soño.
As dúas actrices desta historia de paixón son Elena Anaya e Natasha Yarovenko. Elena xa actuou en “Lucía y el sexo”. A Yarovenko, con menos experiencia, pudemos vela na película para televisión: Inocentes
Título : Habitación en Roma.
Ano de produción: 2010
Distribuidora: Paramount Films de España
Género: Drama
Director: Julio Medem
Guión: Julio Medem
Música: Jocelyn Pook
Fotografía: Álex Catalá
Intérpretes : Naaywa Nimri (Edurne), Elena Anaya (Alba), Enrico Lo Verso (Max), Natasha Yarovenko (Natasha)