Guía de recursos da diversidade afectiva e sexual


Desde o grupo de traballo Biblioqueer e a Asociación Andaime, engenharia social e cultural, elaboramos unha Guía de recursos da diversidade afectiva e sexual no ensino para o STEG (Sindicato de Traballadores e Traballadores de Galiza) que foi publicado na súa páxina web.

A guía pode descarregarse desde esta ligazón, ou premendo na imaxe da cuberta que vai a continuación.

A Secretaría da Muller do STEG propón todos os anos, Un mes contra a homofobia: Xuño con orgullo, coa realización de actividades nos centros de ensino relacionados coa diversidade sexual. Esta Guía propón recursos para o ensino infantil e primario e para o ensino secundario, con acceso a recursos, unidades didácticas, guías e outros materiais, elaborados por diferentes entidades. Acompáñao un glosario e a Declaración de dereitos dos estudantes LGBTQ (lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e persoas que se cuestionan a súa sexualidade)  realizada por Scott Bidstrup que acompañamos a seguir:

  • Dereito a recibir información exacta e axeitada sobre a orientación sexual nos libros de texto e noutros materiais educativos.
  • Dereito a recibir información imparcial sobre as contribucións que produciron ao longo da historia as lesbianas, gais, bisexuais e tranxéneros en todas as áreas do coñecemento, entre as cales destacan a arte, a literatura, a ciencia, os deportes, a historia e as ciencias sociais.
  • Dereito a ter modelos positivos, tanto en persoa como no currículo; dereito a unha información exacta sobre si mesmos/as, sen prexuízos, formulada por adultos preparados que non informen tan só aos e as estudantes lgbtq senón que os e as apoien.
  • Dereito a asistir á escola sen ter que sufrir violencia verbal ou física, de forma que a educación e non a supervivencia sexa a prioridade dos estudantes.
  • Dereito a asistir a escolas onde o respecto e a dignidade de todos os e as estudantes, incluídos os/as estudantes lgbtq sexa unha das prioridades formuladas pola inspección educativa, apoiada polas autoridades locais e nacionais de educación e que se aplique e se faga cumprir pola inspección, a dirección dos centros e o profesorado na aula.
  • Dereito a formar parte de todos os programas de apoio que existan para axudar adolescentes a superar as dificultades da adolescencia.
  • Dereito a ter lexisladores que garantan os seus dereitos constitucionais e loiten por eles, en lugar de lexisladores que reforcen o odio e os prexuízos.
  • Dereito a unha educación libre de homofobia e de discriminación.

É interesante ter en conta esta declaración para o traballo a desenvolver nas bibliotecas públicas xa que, non debemos esquecer, que esta institución tamén ten entre os seus fins a educación, polo que o referido ás escolas tamén se debe reflectir nas bibliotecas públicas.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s