Como solucionan as Bibliotecas Públicas as necesidades de información da Comunidade LGBTQ?


GLBTRT_Newsletter

Artigo de Michelle D. Dartis, Escola de Biblioteconomía e Ciencias da  Información da Universidade de Indiana,  no boletín GLBTRT Newsletter, vol. 22, no. 1 (Primavera 2010) da American Library Association, do que ofrecemos un resumo coas cuestiósn principais.

Na primavera de 2010 Michelle D. Dartis realizou unha investigación sobre como se resolven nas BP as necesidades de información das persoas LGTBQ. Esta poboación vese frecuentemente pouco representada nas bibliotecas públicas. Sen embargo, como institución pública, debe representar a todos os membros da súa comunidade.

A literatura recente indica unha falta de materiais de información sobre as persoas que se identifican como gais, lesbianas, bisexuais, transxénero ou persoas que se cuestionan a súa sexualidade (LGBTQ), e o seu modo de vida. A partir de varios estudos e da revisión da literatura realizada polo autor, este identifica sete cuestións que representan unha oportunidade sen precedentes para que as bibliotecas e os bibliotecarios se introduzan nun territorio pouco coñecido e se convertan en apoio activo de persoas da comunidade LGBTQ.

Coleccións insuficientes e/ou desactualizadas
Os investigadores sinalan o problema crónico de coleccións obsoletas con información pouco actualizada. Estes libros tenden a atacar, condenar ou mesmo demonizar as persoas que aman outras persoas do mesmo sexo. Os bibliotecarios deben facer un esforzo consciente e sincero no proceso de selección para asegurar a adecuación dos materiais adquiridos para esta poboación.

Homofobia entre os traballadores da biblioteca
Os estudos demostran que a biblioteca é o lugar escollido por esta comunidade, en primeiro lugar, para buscar información sobre esta temática. Polo tanto, é necesario que os traballadores da biblioteca fomenten un ambiente acolledor para estas persoas.

Pouca visibilidade dos materiais LGBTQ
Algunhas bibliotecas esconden a propósito materiais que teñen que ver co amor ou co sexo e especificamente materiais sobre persoas de diferente orientación sexual.

Heterosexismo
A presunción de heterosexualidade é a norma. A Biblioteca ten o deber de proporcionar servizos para as persoas sen ter en conta a súa orientación sexual, xénero, identidade sexual…

“Xenerismo”
A difusión do “xenerismo” ten un efecto moi negativo sobre os que están en busca da súa identidade, auto-descubrimento ou definición de quen son ou pretenden ser na súa vida.

Censura
O uso da auto-censura foi ben documentado entre algúns bibliotecarios. O proceso de selección pode empregarse como unha forma de reducir malentendidos, medias verdades e mitos que rodean a comunidade LGBTQ

Vergoña e/ou acoso
Moitas veces, os usuarios LGBTQ das bibliotecas teñen medo ou vergoña de pedir axuda por medo a seren perseguidos, ridiculizados ou envergoñados. Isto non debería suceder. A principal razón de existir das bibliotecas públicas é proporcionar materiais e servizos para todas as persoas que residen nas súas comunidades. Ademais, as bibliotecas son moitas veces o lugar ao que as persoas LGBTQ recorren por non teren alguén en quen confiar.

Na promoción dunha relación positiva coas persoas desta comunidade os bibliotecarios poden colaborar coas entidades LGBTQ do seu entorno. Crear exposicións aproveitando o período do orgullo gai. Asegurar que a súa colección inclúe materias representativos destas persoas e contribuír a destruir os mitos e equívocos que existen en torno dos individuos LGTBQ e o seu “seu estilo de vida”.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s