Happy together, de Wong Kar Wai


Happy Together (Hong Kong, 1997) de Wog Kar Wai. Intérpretes: Leslie Cheung, Tony Leung. (Sinopse dun dos filmes incluido no listado de filmes lgtb publicado nun post deste mesmo blog no pasado mes de xaneiro).

Baseado no relato The Buenos Aires affair de Manuel Puig (de quen xa falamos anteriormente).

Unha parella homosexual de Hong Kong viaxa á Arxentina atraída pola exuberancia das cataratas de Iguazú. No camiño discuten e ao chegar a Buenos Aires sepáranse, buscando cada un deles a maneira de sobrevivir  no complicado mundo gay dos barrios baixos. Son homes, son homosexuais, non se soportan. Non poden vivir separados.  Percorreron medio mundo, de Hong Kong a Buenos Aires, para volver a comezar.

Esta é a crónica dunha de tantas reunións e de un de tantos desencontros. É unha película sobre o amor e o desamor, de internos sentimentos e grandes emocións.

Wong Kar-Wai (Sanghai, 1958)

Nacido en Shanghai (1958), emigrou aos cinco anos a Hong Kong. Proveniente da China Continental e falando só mandarín e o dialecto shanghainés, pasou por un difícil periodo de adaptación ao cantonés que se fala en Hong Kong, polo que pasaría horas nos cines xunto a súa nai. Despois de se graduar na Universidade Politécnica de Hong Kong como deseñador gráfico en 1980,  fixo o Curso de Capacitación en Produción organizado pola Television Broadcasts Limited (TVB) de Hong Kong onde traballou como guionista de televisión. A mediados dos anos 80 traballou como guionista/director para The Wing Scope Co. e para In-gear Film Production Company,  produtoras do destacado actor/produtor Alan Tang. O estilo artístico e nostálxico de Wong tomou forma durante a súa aprendizaje con Alan Tang Kwong-Wing, quen invertiría na primeira película dirigida por Wong, As Tears Go By (1988). A carreira de Wong despegou cando dirixiu Days of Being Wild (1990), a pesar de perder millóns de dólares investidos por Alan Tang.

Filmografía

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s