Lorca e o mundo gay: a visión de Ian Gibson


lorca

Ian Gibson:  Caballo azul de mi locura, Lorca y el mundo gay (Planeta, 2009)

A búsqueda obsesiva do amor, habitualmente frustrada, é o tema fundamental en toda a obra de Federico García Lorca, desde as torrenciais prosas e poesías da adolescencia até La casa de Bernarda Alba. Só hoxe, despois de décadas de silencios cómplices e manipulacións, é posible afrontar con normalidade a relación desta temática co homoerotismo do poeta, para el dificilmente asumible nunha España machista e intolerante.

Neste libro o grande hispanista e reputado biógrafo de Lorca analiza con detalle os íntimos escritos xuvenís lorquianos, tan cheos de angustia sexual, e revela por primeira vez detalles dun traumático amor adolescente, deitando nova luz sobre o Lorca gay posterior, íntimo amigo de Salvador Dalí e Luis Buñuel que, contra todas as barreiras, intentou vivir e escribir con autenticidade. Por iso, entre outras razóns, foi asasinado en 1936. H oxe é un poeta mundialmente recoñecido e amado.

Ian Gibson (Dublín, 1939), é un dos hispanistas máis coñecidos e prestixiosos internacionalmente. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor honoris causa polo Trinity College da súa cidade natal. Entre 1962 e 1975 foi profesor de literatura española nas universidades de Belfast e Londres e, a partir de 1975, abandona a docencia para dedicarse á escritura. Entre as súas bibliografías destacan outras obras sobre Lorca: Vida, pasión y muerte de Federico García Lorca e biografías de grande personaxes da cultura española: Dalí, Machado, Juan Ramón Jiménez… En 1984 nacionalizouse español, onde leva realiza unha intensa actividade xornalística, radiofónica e televisiva. Obtivo entre outros galardóns, o premio Espejo de España.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s