Los olivos de Belchite de Elena Moya


olivos

Nun programa cultural da televisión fixeime na nova que estaban a comentar, a presentación dun libro en Barcelona, dunha autora, Elena Moya, nacida en Tarragona, que escribiu un libro “Los olivos de Belchite” en 2010. Anotei a noticia, por intuición, e comprei a obra, en primeiro lugar por curiosidade particular e, por se podía ser de interese para o fondo documental da biblioteca na que traballo.

A historia atrapoume desde o primeiro momento, foi un pracer poder lelo. A descrición do tempo histórico, a mistura dunha historia familiar e unha fermosa historia de amor: unha boa historia de carácter humano.

Los olivos de Belchite (Suma de letras, 2010), narra a historia  de María como nexo de unión entre a Historia (a España actual e a España da Guerra Civil plasmada en Belchite e os seus habitantes); as familias ( a súa propia e a da súa parella), entre diversas culturas (España e Reino Unido); as diferentes formas de amar (a protagonista e a súa relación con Nell; unha funcionaria do concello de Londres); a economía global actual… Unha novela que nos vai contado a Nosa Historia ao longo do tempo coas súas virtudes e as súas miserias.

A autora naceu en Tarragona, e estudou Xornalismo. Despois de realizar diversos traballos ao longo do mundo, estableceuse en Londres onde traballa como xornalista  de Economía nun gran xornal do país. Los olivos de Belchite é a súa primeira novela, que recibiu boas críticas pola prensa especializada. Hoxe segue en Londres onde vive coa súa parella.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s