Aínda que o blog está un pouco parado seguimos traballando coa temática LGTB. Por terceiro ano consecutivo colaboramos coa elaboración das Unidades Didácticas que o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) leva publicando desde o ano 2008.
Neste ano contouse con varios docentes que van manter un grupo estábel intentando desenvolver actividades durante todo o curso escolar, incorporando un calendario de datas que podan ser utilizadas durante todo o ano, sen necesidade de ter que esperar ao mes de xuño para traballar sobre a diversidade sexual.
As unidades didácticas do 2012 están divididas en actividades para primaria e secundaria que, desde este blog, convidamos a que miredes xa que, tanto as actividades propostas como os títulos citados, poden ser útiles para utilizar naquelas bibliotecas que desexen traballar este tema.
Primaria:
Secundaria:
parabéns axs que fixeron este traballo.É moi importante o que se resalta de que sexa unha actividade continua.
Isabel