
Resumo do libro:
Botando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega), en Amigos e sodomitas explícase como entre os séculos XI e XIV se configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros anos de historia do cristianismo. Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, amósase a institucionalizaci ón documental máis antiga da unión entre dous homes na Península Ibérica, que se produce en Galiza no século XI (Pedro Díaz e Muño Vandilaz, 16 de abril de 1061), analízase a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Afonso X e repásase a evolución dalgunhas historias moi divulgadas na Galiza medieval, como o martirio do santo galego Paio. Obsérvanse tamén desde outro prisma moitos textos do trobadorismo galego-portugués: unha enigmática cantiga amatoria entre dous homes, a sátira contra o lesbianismo en que se fala do amor de dúas prostitutas compostelás ou os indicios dunha identidade grupal homosexual análoga á estabelecida por Michel Foucault para o século XIX.
Ficha do libro:
Datos do libro
- 181 páxs.
- Editorial: Sotelo Blanco Edicións
- Lingua: Galego
- ISBN: 9788478246144
- Dispoñible nas bibliotecas B.P. A Coruña Sala préstamo [613 CAL ami] (1), B. P. de Santiago Ánxel Casal Fondo local [FL-613 CAL ami [Fondo local]] (1), B.P. Vigo Sala préstamo [G-6/2161] (1),
Gostar disto:
Gosto Carregando...
Relacionado