Impulsado polas asociacións LGBTQI galegas e apoiado polo Concello de Lalín, xurde o primeiro cocido do Orgullo que en palabras do seu alcalde “coa escusa do prato estrela da cociña galega, Lalín vaise converter na capital de este Orgullo”.
Un festival gastronómico e social que aposta neste 2016 pola diversidade de orientacións do desexo e da identidade de xénero. Poder ser o que es nun concello rural de Galicia e a posible constitución dunha nova asociación no Deza son os alicerces do Cocido do Orgullo, que conta con cinema, música, proxección de documentais, gastronomía e artesanía entre outras manifestacións artísticas e culturais.
Unha cita a nom perder.