“Diversxs e visibles. Arte, iconografía, educación e testemuña LGTBI” – Lugo
As realidades que habitualmente se invisibilizan no mainstream e outros contextos sociais heteronormativos son mostradas abertamente no xardín do MPLugo axudando a valorizar condutas e tendencias que foron e son tradicionalmente desaprobadas por amplos sectores da sociedade. A mostra é conmemorativa do Día Mundial polos dereitos das persoas LGTBI e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.
Onde:
Museo Provincial de Lugo. Praza da Soidade, s/n,27001 Lugo
Máis información: http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=27&id=2731
“Sorrisos Transformadores” – Pontevedra
Na inauguración da mostra, o pasado 28 de xuño, a presidenta de Arelas, Cristina Palacios, salientou que a virtude máis importante da exposición é “amosar a naturalidade que está detrás da transexualidade. Son persoas que teñen as mesmas vivencias, soños, ilusións e esperanzas que calquera outra persoa”.
Onde:
Pazo Provincial da Deputación. Alameda de Montero Ríos s/n. Pontevedra
Máis información: http://tinyurl.com/za65s5b
“Abrindo portas a diversidade” – Vigo
Exposición do fotógrafo Xavier Piñeiro na lonxa do Concello de Vigo (sen determinar a data de inicio)
Onde:
Concello de Vigo. Lonxa do Concello . Praza do Rei s/n
Máis información: https://asonosmesmas.blogspot.com.es/2016/06/orgullo-lgtb-vigo-2016-nosmesmas.html