O Blog BiblioQueer quere ser un punto de encontro entre a comunidade LGTB e as Bibliotecas.
Formado por profesionais da información e da documentación quere dar a coñecer ás persoas que traballan nas bibliotecas públicas galegas, noticias, recursos, etc. que acheguen información sobre a diversidade sexual e a identidade de xénero, coa finalidade de que sirvan de intermediarios entre esta temática e os usuarios fomentando a existencia e a visibilidade de recursos LGTB nas bibliotecas.
Este grupo de traballo está aberto a todas as persoas que, desde o punto de vista do traballo na xestión da información e da documentación nas bibliotecas públicas, desexen participar nun proxecto de transformación social que fomente o coñecemento sobre a diversidade sexual e a identidade de xénero.
Obxectivos:
- Dar a coñecer a temática LGTB aos profesionais das bibliotecas coa finalidade de que sirvan de intermediarios e faciliten o coñecimento e a visibilidade da diversidade de orientación afectiva-sexual e de xénero entre os seus usuarios.
- Elaborar produtos informativos destinados ao fomento da diversidade de orientación afectivo-sexual e de xénero.
- Defender e garantir a existencia de materiais de interese para lesbianas, gais, bisexuais e transxéneros de todas as idades nas bibliotecas.
- Analizar as coleccións documentais e os catálogos das bibliotecas públicas galegas fomentando a existencia e a visibilidade da temática LGBT.
- Recopilar as obras sobre temática LGTB feita na Galiza ou por galegos.
- Fomentar e difundir o traballo das entidades que defenden os dereitos da comunidade LGTB no noso país e dar a coñecer as súas propostas e actividades nas bibliotecas.