Allan Hollinghurst e a súa obra


Alan Hollinghurst naceu en 1954 en Inglaterra. Estudou na prestixiosa universidade de Oxford, e a súa primeira novela La biblioteca de la piscina foi galardoada co prestixioso premio Somerset Maugham, dado a óperas primas, e concedido en ocasións anteriores a autores tan importantes como Martín Amis, Ian McEwan e Julian Barnes.

Na súa segunda novela, La estrella de la guarda, dá unha visión da vida gay inglesa e nela o seu protagonista Edwards Manners, un rapaz británico en busca de aires novos, chega a unha pequena cidade flamenga para dar aulas de inglés. Non tarda nada en gustar de un dos seus alumnos, Luc Altidore, un enigmático mozo de dezasete anos ao que acaban de expulsar da escola.

Ao mesmo tempo en Inglaterra un antigo amante morre de sida, e na pequena cidade flamenga Edward coñece a uns personaxes peculiares: Cherif, un marroquí nado en París que sempre frecuenta un bar gay da localidade; o excéntrico Matt, que vende material pornográfico e roupa íntima usada, e Paul Echevin, pai doutro dos seus alumnos e director dun museo local, quen o mete no mundo de Edgard Orst, un pintor simbolista falecido durante a ocupación nazi e que viviu unha grande paixón por unha famosa actriz. Esta novela recibiu o premio James Tate Black Memorial.

É con La línea de la belleza (Anagrama, 2006) onde recibiu o premio Man Booker Prize, o mais codiciado dos premios literarios británicos. Na concesión do premio, o presidente do xurado, Chris Smith, exministro de Cultura, resaltou que era unha novela emocionante e que nunca a procura da beleza, do amor e do sexo fora tan ben descrita dunha maneira tan brillante.

Nesta obra, Nick de vinte anos está escribindo a tese sobre Henry James. Vai a Londres e vivirá na casa do seu amigo Toby Fedden. O rapaz está fascinado pola vida que leva a familia Fedden e asistiremos a unha visión da era thatcheriana, vista, vivida e contada por unha testemuña intelixente. A obra tamén é unha homenaxe a Henry James

Biografía na wikipedia

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s