Afdhere Jama, editor da revista gai musulmana Huriyah, presentou o libro “Vidas queer no mundo musulmán”


Pasan os anos e a situación do colectivo LGBT vai mudando. A visibilidade cada día é máis importante e temos que pensar que todo irá a mellor. O esforzo é enorme, o traballo de moita xente inxente. Pero merece a pena.

O traballo de miles de persoas no mundo é cada día máis visible. Aínda en moitos países a represión é notable, pero a implicación de moitos colectivos é maior. A liberdade sexual aínda ten moito camiño que percorrer en moitos países onde existe unha verdadeira represión por parte dos gobernos.

Pero existen novas alentadoras. No mundo musulmán hai publicacións enfocadas a dar máis visiblidade ao mundo homosexual nunha zona onde aquela é prácticamente inexistente. A interpretación que fan do tema homosexual no islam non é para nada prometedora, do mesmo xeito que en todas as relixións monoteístas hai correntes que opinan que é normal e outras que opinan que é malo. Así moitos consideran a homosexualidade un pecado, unha maldición para a familia e incluso para a sociedade. Ás veces nin se pode falar do tema homosexual en reunións, xuntanzas,… Isto sófreo un homosexual musulmán porque, ademais, non quere renunciar á súa fe.

Recentemente foi presentado o libro Illegal citizens: Queer lives in the muslim world (Cidadáns ilegais: Vidas queer no mundo musulmán) de Afdhere Jama onde o autor mostra as historias de sofrimento das persoas gais na cultura musulmana. Retrata a 33 persoas de 22 países países: Nixeria, Líbano, Indonesia, India, China,….onde a visibilidade LGBT é prácticamente nula.

O autor tamén é editor da revista gai musulmana Huriyah.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s