Yukio Mishima: El color prohibido


 

mishima

Yukio Mishima, pseudónimo de Kimitake Hiraoka, é un dos escritores xaponeses máis importantes e controvertidos do Xapón do século XX. Ademais de narrativa, escribiu relatos, ensaios, literatura de viaxes e teatro Kabuki. Entre as súas obras: Confesiones de una máscara, El pabellón dorado, Madame de Sade, El rumor del oleaje, El mar de la fertilidad,…

O 25 de novembro de 1970 suicidouse mediante o método tradicional sepuku no cuartel xeral da Jieitai (Forza de Autodefensa) tras recriminar en público a perda das tradicións en favor dunha sociedade consumista e deshumanizada.

Escrita entre 1950 e 1953, El color prohibido (Alianza, 2009), era unha obra inédita en castellano. Ademáis de expresar teorías estéticas e filosóficas describe con sinceridade e audacia, o universo homosexual do Tokyo da posguerra. É a primeira novela xaponesa actual na que se fala sen enganos do “amor que non pode dicir o seu nome” naquela sociedade con tan estritos costumes.

Shunsuké, un famoso escritor sesaxenario, séntese atraído pola extraordinaria beleza dun rapaz homosexual, Yuichi. Coñeceuno por medio de Yasuko, unha rapaza da que está namorado, pero que non lle corresponde xa que se sinte atraída por Yuichi sen coñecer as súas inclinacións. Tras a aparente estabilidade emocional de Sunshuké escóndese unha vida atormentada con terribles fracasos sentimentales e altísimas cotas de misoxinia que manifesta nun diario que xamais verá a luz. El, que dedicou a súa vida á creación literaria, nun momento en que lle abondonou a inspiración, ve en Yuichi a posibilidade de se vingar das mulleres que o fixeron sofrer que o menosprezaron e o humillaron desde a súa xuventude. Pensa comezar a súa vinganza con Yasuko, pactando con Yuichi que case con ela a pesar da súa incapacidade para querela. A súa influencia, levarao a inflixir o maior sofremento posible ás mulleres que non poderán resistirse aos seus encantos. Yuichi adéntrase en aventuras homosexuais ao tempo que cumpre o seu pacto co vello escritor de seducir a varias mulleres para destozarlles o corazón. O que ignora o vello escritor é o que lle traerá este xogo tan perverso.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s