Juana Cortés: Memorias de un ahogado


Esta é unha novela de iniciación; unha viaxe que comeza desde o fondo do noso corpo. Jota é un alcólico, un fracasado e un homosexual que nunca se recoñeceu como tal. Unha terapia introspectiva, un arrastre de pés e de tabús e, pouco a pouco, e da man de Miguel, Jota adéntrase no terreo descoñecido da alma espida e dos corpos. Miguel convértese na peza clave da súa vida; grazas a el, Jota ve o mundo desde outro punto de vista: coñece o sexo das saunas, a libertade do individuo fóra das pautas politicamente marcadas, a tenrura e as múltiples caras do ser complexo e sen complexos.

Miguel tamén é Silvia, unha muller despampanante que provoca a curiosidade a calquera. A partir deste momento a historia colle un ritmo vertixinoso, tenro e desgarrado á vez; unha ensinanza cuxo reto está en contruírse a un mesmo concordando cos seus principios, as súas intuicións. Construirse continuamente, adaptarse, medrar. Jota, sen se decatar, constrúe o seu propio mundo, a súa propia familia e, consciente de que todo muda e de que nada é estático, séntese, por primeira vez, satisfeito.

Juana Cortés Amunárriz naceu en Hondarribia, en 1966. É licenciada en Filosofía pola Universidade do País Basco. Actualmente vive en Madrid onde comeza a súa vida literaria. Obtivo varios premios de relato (2º Premio Hucha de Oro, o Premio Pedro de Atarrabia, ou o Gaceta de Salamanca). Ademáis da súa primeira obra, Memorias de un ahogado (Almirante, 2008), ten escritas varias novelas curtas e iniciouse recentemente na literatura infantil e xuvenil.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s