O Rainbow Project é un proxecto conxunto da Gay, Lesbian, Bisexual, and Transgendered Round Table e da Social Responsibilities Round Table da American Library Association. O Rainbow Project elabora unha bibliografia anual de libros de calidade, con contido GLTB, recomendados para as persoas até os dezoito anos de idade.
A Bibliografía está organizada en libros de imaxes (albuns), libros de ficción, e libros de non ficción (ensaio). O interesante dos títulos seleccionados é que inclúen un pequeno comentario sobre o seu contido, ademais de indicar a idade para a que é recomendada a súa leitura.
Coñecer as propostas da Rainbow Project permítenos descobrer libros que poden ser publicados proximamente en España polo que nos pode servir de adiando editorial para estarmos pendentes de novas publicacións de calidade para as nosas bibliotecas.
Por outro lado é un bo listado para influir sobre as poucas editoras que publican obras desta temática, que á parte das especialidades dirixidas á comunidade LGTB como Odisea ou Egales, pode servir de orientación para outras.
Os listados dos últimos anos poden consultarse no Blog do Rainbow Project:
Unha consulta á base de datos de libros editados indícanos algunhas das obras publicadas en España. A data de edición pode ser anterior, xa que o listado do Rainbow Project responde á data na que eles o recollen, e non á de publicación. Dalgúns autores (poucos) existen outros títulos publicados e, nalgún caso, tamén de temática LGTB, sen embargo non se indican aquí por non teren sido incluidas nos listados do Proxecto.
Seleccionados no 2008:
Tres con tango (2006)
Richardson, Justin ; Parnell, Peter
RBA Libros
Chica de casi 16 : una auténtica tortura (2008)
Limb, Sue
Anaya / Cículo de Lectores
Como yo lo veo (2008)
Davis, Will
Kailas Editorial
Gotham central, Media vida (2004) (Banda Deseñada)
Rucak, Greg ; Lark, Michael
Norma Editorial
Fun Home : una familia tragicómica (2008)
Bechdel, Alison
Mondadori
Seleccionados no 2009:
Skim (2009) (Banda Deseñada)
Tamaki, Jillian ; Tamaki, Mariko
Ediciones La Cúpula
Seleccionados no 2010:
Pink! el pingüí que es va tornar rosa (2010) (Catalán)
Rickards, Lynne
Trapella Book
Ysquare (2007) (Banda Deseñada)
Park, Judith
Planeta-De Agostini
El noi del vestit (2010) (Catalán)
Walliams, David
Estrella Polar
Seleccionados no 2011:
Yo (2010)
Martin, Ricky
Plaza & Janés
Batwoman(2010) (Banda Deseñada)
Rucka, Greg ; Williams, J. H.
Planeta-De Agostini